Según afirma a OCDE (Organización para a Coordinación e o Desenvolvemento económico), responsable da elaboración do informe PISA (Programme for International Student Assessment), a partires do ano 2025 incluirase a opción de avaliar o nivel de inglés en tódalas escolas do mundo. Ata o momento, o coñecido informe só avaliaba o desempeño dos alumnos nos campos de lectura, matemáticas e ciencias, polo que esta actualización é observada por moitos como unha proba necesaria para adaptar as probas PISA á globalización e consecuente necesidade do dominio dunha ou máis linguas estranxeiras por parte do estudantado. Polo tanto, esta incorporación da lingua inglesa como materia a avaliar marcará un importante antes e despois nos resultados obtidos polos centros e nas metodoloxías aplicadas na ensinanza de linguas estranxeiras. Tátase dunha proba que, plantexada da maneira adecuada, podería resultar moi efectiva para presentar metodoloxías moi efectivas á hora de ensinar inglés e tamén para xestionar o que se está a facer mal.
A avaliación do desempeño nesta lingua estranxeira levaráa a cabo un departamento sen ánimo de lucro da Universidade de Cambridge, Cambridge Assessment. Nesta liña, Hanan Khalifa, director de Transformación e Impacto da Educación en dito departamento, afirma que "houbo moitos intentos de comparar a aprendizaxe de idiomas de todo o mundo, pero ningún deles proporcionou un enfoque sistemático adecuado para a ensinanza de idiomas nos colexios que poida axudar a configurar políticas educativas a nivel nacional e rexional. Como departamento da Universidade de Cambridge, compartimos a misión de constribuir á sociedade mediante a procura da educación, o aprendizaxe e a investigación ós máis altos niveis internacionais de excelencia. Por iso, comprácenos apoiar á OCDE ofrecendo aportación experta dos nosos especialistas en avaliación de idiomas e compartir as técnicas e a experiencia que desenvolvemos mediante a avaliación das competencias lingüísticas de decenas de millóns de alumnos ao longo dos anos e en todo o mundo."
Con todo, o informe PISA foi criticado en numerosas ocasións por reducir a educación dos países a meros resultados, sen ter en conta a metodoloxía aplicada por cada un, altamente influenciada polo contexto socioeconómico e cultural do país. Polo tanto,e como ocorre con matemáticas, ciencia e lectura, cabe preguntarse se as probas deseñadas para avaliar as competencias en inglés dos alumnos serán flexibles e xustas ou máis ben se limitarán a medir o grao de alcance dos alumnos con respecto a unhas variables establecidas de maneira ríxida e sen ter en conta os diferentes contextos de cada país.
Non obstante, cabe destacar que a maneira de avaliar os coñecementos deste idioma poder plantexarse de maneiras moi diferentes e que poden ter resultados tamén moi diversos. Un deles, como comentabamos antes, pode ser o de destacar os erros que se están a cometer na ensinanza de idiomas e aprender a xestionalos. Así, a modo de exemplo, a educación en España na ensinanza de inglés segue, dende hai décadas, unha metodoloxía moi centrada na gramática do idioma, deixando un pouco de lado o ámbito da expresión oral. Tamén da moita importancia á expresión puramente formal, olvidando a importancia de que os alumnos aprendan tamén as expresións coloquiais da lingua que lle son máis cercanas xeracionalmente.
Polo tanto, resulta obvio que o departamento de lingua da Universidade de Cambridge, como unha das institucións con maior relación co MCER, seguirá os seus parámetros á hora de avaliar sobre os coñecementos da lingua inglesa. Neste sentido, resultará esclarecedor que estes parámetros, que fan unha clara división entre os distintos skills e niveis de dominio da lingua, expoñan as carencias nos diferentes campos de coñecementos do idioma que se veñen repetindo nalgúns sistemas educativos dende hai anos.
Como se comentaba anteriormente, pode resultar unha proba moi productiva sempre e cando se realice de maneira adecuada e adaptada a tódolos contextos. A realidade na que se topa España con respecto á aprendizaxe deste idioma, que a sitúa no posto 34 dentro do ranking mundial, non é moi esperanzadora. Polo tanto, faise cada vez máis necesario dar pulo ao cambio da metodoloxía e á formación constante do profesorado para que se manteña actualizado na súa práctica docente, e a uns resultados máis dirixidos cara o cambio constructivo dos sistemas educativos e non cara unha carreira sen sentido entre países por obter os mellores resultados.
¿Que opinades?
Benvidos de novo! Hoxe quero compartir convosco o aprendido na unidade 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Nela, os obxectivos primordiais consistiron en comprender mellor o funcionamento e as metas da avaliación inicial, formativa e final, así como saber identificar de maneira satisfactoria unha rúbrica e poder poñela en práctica aplicándoa ao noso exercicio previo de mediación lingüística, para que nos servise de exemplo. Comezamos a introdución neste tema cunha breve reflexión sobre o que é a avaliación e a súa relación con procesos como as calificacións, as temáticas, o ritmo, o material de repaso, cambios metodolóxicos ou de materiais...ademais, moitos compañeiros suxeriron que a avaliación pode ser unha ferramenta moi útil para ter unha idea aproximada do nivel que tén un grupo ao principio do curso, para saber se a metodoloxía que se está a aplicar na aula é a máis axeitada, para obter información sobre aqueles aspectos do temario que resultan problem...

Comentarios
Publicar un comentario