"Tódolos británicos almorzan ovos fritos, bacon e salchichas polas mañás". ¿A quen non lle repetiron este cliché unha e outra vez nas clases de inglés do colexio? O certo é que durante a infancia e inicio da adolescencia, os alumnos son bombardeados por estereotipos das culturas que lle son máis próximas, non só na educación formal, senón tamén en contextos informais como ver unha película na casa ou comentar a última serie de Netflix cos amigos. Na primaria e secundaria, os libros de texto de linguas estranxeiras estaban plagados de imaxes do English breakfast no caso do inglés, e do típico xersei a raias brancas e negras cun pano roxo e unha baguete debaixo do brazo no caso do francés. Con todo, aínda que na maioría dos casos se trata de clichés inofensivos e que desaparecen a medida que os alumnos aprenden máis sobre a cultura do idioma en cuestión, hai certas cuestións que acaban asimilándose de maneira inconsciente e que nos impiden ter unha visión obxectiva das cultura...