Ir al contenido principal

TEMA 1: LOE e LOMCE

A educación nas últimas décadas foise transformando para reflexar esa liberdade na formación dos futuros cidadáns. Partiuse dun sistema hermético e ríxido e introduciuse unha educación centrada non só no grupo de alumnos en si, senón que, en leis como a Lei Orgánica 2/2006, ou LOE, fóronse introducindo elementos como a importancia de centrar tamén a educación no individual, na construcción da personalidade de cada un dos alumnos. Partíase así dunha nova premisa que defendía e defende a heteroxeneidade do conxunto de alumnos e das características únicas de cada un deles. Esta apertura e flexibilización nas metodoloxías docentes foi só un pequeno elemento dos introducidos hai décadas, pois a educación comezou a seguir a premisa de renovar os valores que a rexían para manterse ao día cos cambios da sociedade. Desta maneira, as novas xeracións vanse preparando para adaptarse aos cambios e esixencias que van xurdindo nunha sociedade en transformación continua, sobre todo na última década. Este aumento da atención ao crecemento como persoas libres materializouse en maior medida coa chegada da Lei Orgánica 8/2013 de mellora da calidade educativa, ou LOMCE, na que se especificaba que, ademais das características únicas de cada alumno, a sociedade precisa perfiles de cidadáns máis diversificados.
Cos principios introducidos pola LOE comezouse a buscar unha maior cohesión social, partindo dunha educación universal que asegurase a formación equitativa independentemente do sexo e da clase económica, e da calidade desa formación. A lexislación da LOMCE foi máis aló, asegurando que só se pode alcanzar esa xustiza e igualdade social na educación partindo da calidade desta. Outro factor a ter en conta cando queremos considerar o porqué desta insistencia na calidade da educación atopámolo nos resultados de estudos como o informe PISA, realizado cada tres anos pola OCDE a estudantes de todo o mundo. Como podemos observar no preámbulo da LOE, xa se comeza a falar da necesidade dunha melloría substancial nos resultados obtidos polo sistema educativo español. Máis adiante, na LOMCE xa se fala desta necesidade como acuciante, debido aos mediocres resultados obtidos no país, e cunha preocupante taxa de abandono precoz dos estudos. Trátase dunha cuestión alarmante, xa que España atópase á cola en canto a calidade educativa en comparación coa maioría de países da Unión Europea, que van introducindo cambios e innovacións na formación do seu estudantado moito antes ca o noso país. Polo tanto, faise necesario levar os cambios pertinentes para que, como se defende en ámbalas dúas leis orgánicas, equidade e calidade vaian sempre da man na nosa educación. Pero para poder buscar esas accións que nos leven ao cambio, faise necesario por a educación a debate. Isto fíxose coa LOE, e nesta discusión participaron axentes da comunidade educativa de tódolos niveis e comunidades do país. Así, obtivéronse tres principios a perseguir con esa lei: a calidade da ensinanza e as mesmas oportunidades para acceder todos a ela; a participación activa de tódolos compoñentes da comunidade educativa; o esforzo, non só por parte dos alumnos, senón tamén dos axentes responsables do sistema educativo. Un punto moi importante a destacar é o acceso igualitario de todos á educación de calidade. Na LOE explícase que neste acceso teñen cabida estudantes de toda orixe, e que se debrá loitar contra a exclusiónen tódolos centros, sexan do tipo que sexan. Por iso resulta tan importante ter en conta a heteroxeneidade dos grupos de alumnos, así como o contexto socioeconómico e cultural no que se enmarca o centro (un factor a ter en conta moi recalcado pola LOMCE). Desta forma, os responsables da educación, coñecendo estes datos, poden adaptar ese acceso e facer os cambios necesarios para que sexa o máis igualitario posible para todos os estudantes. Así, na propia búsqueda de calidade e igualdade vese moi involucrada a comunidade educativa. Esta, xunto cos alumnos, será a que debe esforzarse e dar un pulo aos sistema educativo para que eses cambios establecidos na teoría se abran paso na práctica, un paso imprescindible pero que non está tendo lugar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 11: A avaliación na aula de linguas estranxeiras

Benvidos de novo! Hoxe quero compartir convosco o aprendido na unidade 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Nela, os obxectivos primordiais consistiron en comprender mellor o funcionamento e as metas da avaliación inicial, formativa e final, así como saber identificar de maneira satisfactoria unha rúbrica e poder poñela en práctica aplicándoa ao noso exercicio previo de mediación lingüística, para que nos servise de exemplo. Comezamos a introdución neste tema cunha breve reflexión sobre o que é a avaliación e a súa relación con procesos como as calificacións, as temáticas, o ritmo, o material de repaso, cambios metodolóxicos ou de materiais...ademais, moitos compañeiros suxeriron que a avaliación pode ser unha ferramenta moi útil para ter unha idea aproximada do nivel que tén un grupo ao principio do curso, para saber se a metodoloxía que se está a aplicar na aula é a máis axeitada, para obter información sobre aqueles aspectos do temario que resultan problem...