Benvidos de novo! Hoxe quero compartir convosco o aprendido na unidade 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Nela, os obxectivos primordiais consistiron en comprender mellor o funcionamento e as metas da avaliación inicial, formativa e final, así como saber identificar de maneira satisfactoria unha rúbrica e poder poñela en práctica aplicándoa ao noso exercicio previo de mediación lingüística, para que nos servise de exemplo. Comezamos a introdución neste tema cunha breve reflexión sobre o que é a avaliación e a súa relación con procesos como as calificacións, as temáticas, o ritmo, o material de repaso, cambios metodolóxicos ou de materiais...ademais, moitos compañeiros suxeriron que a avaliación pode ser unha ferramenta moi útil para ter unha idea aproximada do nivel que tén un grupo ao principio do curso, para saber se a metodoloxía que se está a aplicar na aula é a máis axeitada, para obter información sobre aqueles aspectos do temario que resultan problem...
Ola a todos! Quero adicar esta entrada á exposición da teoría e posta en práctica da unidade 3 da materia Didáctica da ensinanza de linguas estranxeiras. Neste tema, sobre as diferentes estratexias de comunicación oral e escrita e os procedementos para fomentar as habilidades de comunicación na aprendizaxe de linguas estranxeiras, a docente foinos adentrando gradualmente nas diferentes destrezas. Poderíamos dividir este bloque en 3 destrezas fundamentais a coñecer: as actividades de mediación oral e escrita, de comprensión oral e escrita e de expresión e interacción oral e escrita. A través da exposición teórica das mesmas e a súa posta en práctica a través de exercicios de deseño de actividades para as distintas destrezas, pouco a pouco fomos adquirindo unha aprendizaxe moi completa da importancia de cada unha delas no proceso de ensinanza de calquera lingua estranxeira, e das habilidades que se poden traballar en cada unha, nas que se abre un amplo abanico de posibilidades. Nnun pri...