Ir al contenido principal

Dosier Tema 5

Hola de novo! Nesta entrada quero falarvos do traballo realizado en varis sesións da materia para trabalar a teoría do tema 5 sobre o currículo e o deseño curricular. Como comentabamos na entrada do diario sobre o tema 5, nesta unidade traballamos os distintos niveis de concreción curricular, os contidos da ESO, Bacharelato e FP, os criterios de avaliación, etc. e, en distintas sesións, fomos realizando traballo en grupos para asimilar toda esta información a través da súa posta en práctica. Na primeira sesión, realizamos un breve exercicio por parellas no que acada unha se nos deu unha competencia clave. Tivemos que deseñar unha actividade ou método a partir do cal a traballarían os nosos alumnos de lingua estranxeira. No noso caso, o docente asignounos a competencia lingüística, polo que deseñamos un exercicio no que os alumnos tiñan que preparar un speaking, un listening e un writing en inglés, para así traballar os tres ámbitos da lingua de forma integrada. Este deseño é moi útil tamén para traballar a creatividade cando queiramos integrar máis competencias dentro dun mesmo proxecto na nosa materia. Máis adiante, pasamos a facer un repaso dos contidos do tema 5 a través da plataforma de Kahoot!. Pareceume unha maneira moi dinámica de repasar o tema e moi entretida, xa que este programa permite ir elaborando un ránking dos xogadores con máis respostas acertadas, ademáis de ir actualizando a lista tras cada pregunta. A través desta dinámica de competición, xunto coas explicacións do profesor tras cada resposta dada, penso que fixemos unha boa recapitulación dos contidos.
Na seguinte sesión, dividímonos en minigrupos para traballar nunha presentación sobre o currículo das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato e FP. No meu minigrupo, que era o minigrupo 1, traballamos sobre o currículo das linguas estranxeiras na ESO. Creamos unha presentación en Google slides, xunto cun documento compartido en Google drive para compartir os contidos, e puxémonos en contacto mediante unha das salas externas do campus remoto. Logo da elaboración da presentación, expuxémola para os nosos compañeiros. O máis interesante desta exposición foi a maneira de avaliala, xa que fixemos unha coavaliación cos nosos compañeiros dos demais grupos. Para esta actividade fixemos uso dunha rúbrica que me pareceu moi útil para deseñar futuras rúbricas de avaliación e ver como funcionan na práctica, así como para escoller os criterios avaliables. Por último, para repasar os contidos sobre as ensinanzas de idiomas de réxima especial volvemos xogar ao Kahoot! En xeral, pareceume unha experiencia moi positiva poder poñer en práctica todos estes novos coñecementos mediante o traballo en grupo, xunto con actividades tan dinámicas como o Kahoot!

Comentarios