Ir al contenido principal

Tema 7: presentación final

Hola! Nesta publicación gustaríame ensinarvos a presentación coa que rematamos a materia de Linguas estranxeiras no contexto español e internacional. No Grupo 2, varios compañeiros espuxemos a nosa presentación co profesor Gonzalo, e no meu caso decidín escoller a temática da ensinanza de linguas estranxeiras en Estonia, un dos países con máis éxito polo seu sistema educativo. Decidín escoller este país, ao que viaxei en varias ocasións durante a miña estadía Erasmus en Finlandia. Resultoume interesantísimo o seu sistema administrativo, completamente informatizado, no que tódolos cidadáns aforran tempo e diñeiro en trámites grazas á plataforma X-road, que utilizan para todo tipo de trámites, den de inscribir a alguén no rexistro ata renovar o pasaporte. Por suposto, o funcionamento da súa educación non se ía quedar atrás: cunha poboación moi reducida e ratios moi baixas en tódolos centros, Estonia aposta por un sistema moi achegado á realidade laboral e pola apertura das portas internacionais para recibir estudantes de tódolos lugares do mundo e enviar aos seus estudantes a investigar ao estranxeiro. Por suposto, o inglés e outras linguas estranxeiras estase a converter na lingua vehicular nos círculos académicos e incluso noutros como o sanitario, no que se realizan numerosas investigacións con colaboracións doutros países. Nesta liña, nesta presentación tamén trato a forte defesa dos estonios da súa lingua e cultura, un movemento que se está a reforzar nos últimos anos ante a perda de prestixio da súa lingua oficial en beneficio de linguas francas como o inglés. Espero que vos guste! Aquí tendes o link para a presentación: https://prezi.com/i/mxl4onrlfz1b/

Comentarios