Hola!
Hoxe quero presentarvos o traballo realizado no tema 6: As programacións didácticas vixentes. Na sesión dedicada a este tema, tratamos os apartados máis importantes das programacións didácticas, vimos algúns casos reais e tamén tratamos a tan temida oposición para os corpos docentes de secundaria, composta de varias fases.
Ata agora traballaramos a cuestión das programacións didácticas, mais neste caso pareceume especialmente interesante porque o fixemos aplicándoo á realidade, con casos reais. Resultoume moi interesante porque non é fácil pensar nun primeiro momento en como redactar unha, pois hai unha gran cantidade de elementos a ter en conta: o contexto sociocultural e económico do cnetro, a súa localización, os medios e recursos dos que dispón, etc. e que, ao final, son esas as características que determinan e poñen límites dalgunha maneira á nosa labor docente. Neste procesode apreciación xogou un papel moi importante a rúbrica presentada polo profesor, utilizada nos procesos de avaliación das programacións didácticas dos aspirantes que se presentan ás oposicións de educación secundaria. Paréceme moi interesante e complicado realizar a avaliación destes traballos que normalmente requiren, poo menos, un ano de esforzo e investigación, e fai que me pregunte ata que punto unha persoa sen a experiencia docente necesaria está capacitada para elaborar unha programación óptima, e tamén ata que punto os tribunais teñen iso en conta.
Por outro lado, as exposición e desglose de todas e cada unha das fases das que se compón a oposición nesta sesión pareceume un dos puntos máis necesarios e prácticos da materia. A realidade destas probas analizadas dende o punto de vista dun docente que as coñece achéganos un pouco máis á realidade destas probas, moitas veces temidas pola dificultade das mesmas. O que me resultou máis curioso é a segunda fase, a de concurso, na que os aspirantes suben puntos por experiencia e títulos varios, e que conta un 40% da nota final. Concretamente, pareceume moi positivo que, en canto á experiencia traballando como interino, se comece a sumar xa dende o primeiro mes. Moitas veces, dáselle moita importancia á teoría pura, mais neste proceso o verdadeiro peso da nota recae na programación e en méritos e experiencia adquirida anteriormente polo aspirante a docente, e paréceme moi positivo que iso sexa o que máis se tén en conta á hora de considerar que será merecedor dunha plaza como profesor.
En síntese, resultoume un tema moi interesante e práctico, xa que nos achega á realidade da nosa futura labor como docentes.

Comentarios
Publicar un comentario