Hola de novo
Hoxe quérovos presentar a actividade coa que traballamos o que para min foi o mellor tema da materia, o tema 6. Pareceume unha unidade moi práctica e achegada á vida real, e moitos de nós queriamos saber un pouco máis sobre como funcionan os procesos das oposicións e aqueles elementos que se adoitan ter en conta na avaliación.
Neste tema, o docente dividiuns en grupos de 3 ou 4 compañeiros e, facendo uso dunha rúbrica, tivemos que escoller unha programación didáctica real dun centro para avaliala.
No noso grupo decidimos facer a análise da programación didáctica do IES Santa Irene de Vigo, centrándonos na materia de inglés como primeira lingua estranxeira para o curso de 4º da ESO (2020-2021). En xeral, segundo a nosa avaliación, a programación do centro recibe unha boa calificación. Para obter este resultado centrámonos en caracterísitcas como a xustificación completa da inclusión da materia no currículo, a inclusión de medidas para pór en marcha unha docencia a distancia, a harmonía entre os obxectivos, contidos e criterios de avaliación da materia, a claridade e especificidade das rúbricas utilizadas para avaliar e a boa preparación para facer fronte a ratios elevadas. Non obstante, non lle demos a puntuación completa porque non dispuña, coma moitos centros, de programas adaptados para alumnos con problemas de aprendizaxe, e certos apartados como a inclusión dos elementos transversais e o plan lector tratábanse moi por encima, sen explicar as medidas que se aplicarían para poñelos en práctica.
Na miña opinión, foi unha sopresa atoparnos cunha programación didáctica tan completa, sobre todo no que respecta á rúbrica de avaliación. En moitas ocasións esquécese a importancia do dereito que tén o estudante a coñecer aqueles puntos débiles no deu desempeño na materia, non só para saber que fixo mal, senón para comprender por que obtivo esa nota e para mellorar e aprender dos erros. En moitos casos, as rúbricas deberían ser máis específicas para os alumnos.
En resumo, esta actividade resultoume moi enriquecedora e amosounos o por que da importancia dunha programación didáctica completa e ben elaborada, xa que para que a práctica docente sexa óptima, debe partir dunha base teórica sólida e á vez flexible.
Benvidos de novo! Hoxe quero compartir convosco o aprendido na unidade 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Nela, os obxectivos primordiais consistiron en comprender mellor o funcionamento e as metas da avaliación inicial, formativa e final, así como saber identificar de maneira satisfactoria unha rúbrica e poder poñela en práctica aplicándoa ao noso exercicio previo de mediación lingüística, para que nos servise de exemplo. Comezamos a introdución neste tema cunha breve reflexión sobre o que é a avaliación e a súa relación con procesos como as calificacións, as temáticas, o ritmo, o material de repaso, cambios metodolóxicos ou de materiais...ademais, moitos compañeiros suxeriron que a avaliación pode ser unha ferramenta moi útil para ter unha idea aproximada do nivel que tén un grupo ao principio do curso, para saber se a metodoloxía que se está a aplicar na aula é a máis axeitada, para obter información sobre aqueles aspectos do temario que resultan problem...
Comentarios
Publicar un comentario