Ir al contenido principal

Diario e dossier: Tema 1 (Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras)

Ola de novo! Hoxe quero dedicar esta entrada á teoría e exercicios realizados durante o desenvolvemento do tema 1 da materia de Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Neste tema introductorio, o docente tratou as diferentes situacións e variables do ensino das linguas estranxeiras. Para comezar a introducir un pouco esta temática, nun primeiro momento dividímonos en minigrupos para elaborar un diagrama de Ven sobre a aprendizaxe da lingua materna e dunha lingua estranxeira. Considero que foi unha maneira moi dinámica de activar o noso pensamento de cara á temática que iamos abordar e tamén para destacar cuestións que moitas veces resultan ser máis similares do que pensamos entre a nosa lingua materna e outras linguas que aprendemos máis tarde. Existen catro elementos moi importantes a ter en conta á hora de analizar estas situacións de aprendizaxe doutras linguas: o contexto de adquisición, o contexto de uso, a didáctica das linguas e o repertorio lingüístico persoal de cada alumno.En canto ao contexto de aprendizaxe, podemos falar de lingua inicial (ou lingua materna, que se aprende de forma inconsciente, antes da etapa escolar e sen ningunha intención educativa específica), lingua segunda (que se adquire despois da lingua materna, xa cunha intención explícita, como por exemplo como lingua vehicular ou administrativa) e lingua estranxeira (que só se utiliza no contexto escolar e, do mesmo xeito ca a lingua segunda, tén unha intención clara). A diferenza entre estes tres tipos de lingua é de gran importnacia, xa que habitualmente tendemos a confundir a lingua segunda coa estranxeira, ou incluso a mesturala con conceptos moi diferentes como é o de second language no caso do inglés. Por outro lado, tamén hai que ter en conta os contextos de uso das linguas do noso repertorio: podemos falar de lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular. No primeiro caso, podemos ter máis de unha, e podemos comparala con conceptos xa mencionados como a lingua incial, que, ao contrario do que se pensa, non sempre coincide coa lingua de uso habitual, como ocorre no caso dos inmigrantes. A continuación, temos a lingua de traballo, que é a utilizada na comunicación en contextos laborais e tamén en estaods plurilingües. Este é un termo do que tamén podemos facer uso en contextos como por exemplo o da traducción e a interpretación, para facer referencia á lingua ou linguas coas que o profesional adoita traballar e para as cuales está culificado. Por exemplo, os tradutores xurados falan moito de linguas de traballo, xa que no seu título oficial só están cualificados para traballar en traducións coa lingua coa cal obtiveron o título para exercer como tradutores xurados. En canto á lingua vehicular ou lingua franca, esta é a que se adoita utilizar na comunicación entre persoas que falan linguas diferentes. Actualmente, non hai dúbida de que a lingua franca máis extendida en tódolos ámbitos do mundo é o inglés. Máis adiante, pasamos a falar do repertorio lingüístico, que consiste en tódolos elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou grupo de falantes. Tódalas persoas que comparten un mesmo repertorio lingüístico forman unha comunidade lingüística, un concepto que non hai que confundir co de comunidade de lingua, que é o conxunto de falantes que comparten o uso dunha mesma lingua ou variante. Por último, pasamos a falar da didáctica dos diferentes niveis de linguas, os seus obxectivos e os distintos tipos que se usan na lingua materna, na lingua segunda e na lingua estranxeira. En primeiro lugar, e para chegar a ter unha comprensión satisfactoria do concepto de repertorio lingüístico, todos os compañeiros elaboramos, de xeito individual unha serie de táboas nas que idicabamos tódalas linguas das que temos coñecementos a día de hoxe. É importante destacar que neste repertorio incluimos tanto as linguas que coñecemos e usamos de forma activa como aquelas que temos de forma pasiva, o cal me sorprendeu, xa que por repetorio lingüístico, ata aquel momento, entendía aquelas linguas que se saben utilizar dun xeito máis ou menos satisfactorio. Ademais, indicamos tamén as variedades lingüísticas que usamos, e logo clasificamos todas esas linguas e variedades segundo o grado de coñecemento e competencia que tiveramos nelas: básico, intermedio ou avanzado. Logo, o profesor creou un documento compartido para que elaborásemos un repertorio conxunto con tódalas linguas que forman arte dos nosos repertorios individuais. Resultou moi interesante poñer en común os coñecementos tan diferentes que temos cada un de nós das diferentes linguas, e máis tratándose dunha aula de linguas estranxeiras, onde o repertorio será máis variado.
Por último, para traballar os diferentes tipos de didácticas da lingua estranxeira, tivemos que completar, en grupos de 3, unha táboa cunha serie de contextos educativos, e asociar a cada un deles as didácticas que serían máis axeitadas en diferentes situacións como a aprendizaxe online ou a presencial. Este exercicio foi moi útil para decatarnos de que non sempre é doado idear as mellores estratexias para que a aprendizaxe en determinadas áreas educativas sexa o máis eficiente posible, e tamén de que podemos adaptar as diferentes estratexias didácticas dispoñibles para conseguir unha aprendizaxe satisfactoria en cada contexto. En síntese, esta unidade foi moi útil á hora de esclarecer certas diferencias entre conceptos que adoitan confundirse entre si, como o de comunidade lingüística e comunidade de lingua, algo que temos que evitar nun aula de linguas estranxeiras, así como tamén o coñecemento e aplicación das diferentes estratexias didácticas das que podemos facer uso.

Comentarios

  1. Ola, Andrea! Nesta entrada comentas o concepto interlingua, unha das cousas que máis me chamou a atención da clase. Non pensas que a interlingua dase en todos os casos nos que aprendemos un idioma novo? Refírome a que, polo xeral, asóciase o fenómeno de interlingua ás clases de segundas linguas ou linguas extranxeiras; porén, eu penso que así aprendemos a nosa lingua materna, tamén formamos unha interlingua, na que imos probando e descartando. Agora mesmo, podo observar este fenómeno no meu sobriño de 4 anos, que vai aos pouqiños engadindo palabras ao seu vocabulario, pero que aínda di cousas coma "todaaún", unha amalgama de "todavía" e "aún", u "patácola" mexturando (penso eu) galego e castelán para dicir pataca. Non te parece isto unha sorte de interlingua tamén?
    Un saúdo,
    Paz

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola, Andrea! :)

    Me ha gustado mucho tu entrada, creo que es un muy buen resumen de todo lo que hemos visto y además añades varios puntos en los que coincido contigo totalmente. Por ejemplo, tal y como mencionas, a mí también me ha resultado útil que viésemos la diferencia entre segunda lengua y lengua extranjera, porque nunca me había parado a reflexionar demasiado sobre la diferencia y asumía que se empleaban como sinónimos.

    En cuanto a lo que mencionas del repertorio lingüístico, yo también pensaba que para poder incluir una lengua dentro del tuyo tenías que tener un dominio aceptable y, sobre todo, no hacía una separación del repertorio activo y pasivo, así que me pareció también muy interesante.

    Además, también coincido totalmente contigo en que tenemos que aprender a adaptar nuestras estrategias didácticas al contexto de nuestra clase. Creo que, de hecho, es una de las cosas más difíciles de hacer y de las que me da más miedo no estar a la altura cuando tenga un grupo de alumnos en el futuro.

    Un saludo,
    Ana

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

TEMA 11: A avaliación na aula de linguas estranxeiras

Benvidos de novo! Hoxe quero compartir convosco o aprendido na unidade 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Nela, os obxectivos primordiais consistiron en comprender mellor o funcionamento e as metas da avaliación inicial, formativa e final, así como saber identificar de maneira satisfactoria unha rúbrica e poder poñela en práctica aplicándoa ao noso exercicio previo de mediación lingüística, para que nos servise de exemplo. Comezamos a introdución neste tema cunha breve reflexión sobre o que é a avaliación e a súa relación con procesos como as calificacións, as temáticas, o ritmo, o material de repaso, cambios metodolóxicos ou de materiais...ademais, moitos compañeiros suxeriron que a avaliación pode ser unha ferramenta moi útil para ter unha idea aproximada do nivel que tén un grupo ao principio do curso, para saber se a metodoloxía que se está a aplicar na aula é a máis axeitada, para obter información sobre aqueles aspectos do temario que resultan problem...