Hola de novo!
Vou dedicar esta entrada á teoría exposta no tema 5: O deseño curricular base para as linguas estranxeiras. Neste tema tratamos o currículo, os seus elementos e os graos de concreción curricular, por unha parte, e as competencias con respecto ao deseño curricular e o deseño curricular proposto pola LOE e a LOMCE para a ESO, Bacharelato e as ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Tamén falamos da importancia da incorporación das competencias básicas de forma integrada na aprendizaxe das distintas materias, un punto moi importante que vimos tratando dende principio de curso noutras asignaturas. Tamén considero de especial importancia destacar os graos de competencia que ten cada institución educativa á hora de deseñar o currículo en cada ámbito, e como se interconectan cada unha delas para o perfecto funcionamento e aplicación do mesmo.
O certo é que, ao tratarse a primeira lingua estranxeira dunha materia troncal en ámbitos como a ESO ou o Bacharelato, resulta imprescindible que as institucións saiban unificar criterios para conseguir ofrecer unha educación o máis enriquecedora posible para os seus alumnos. Así, como comentabamos nesta sesión, o Estado encárgase de establecer o horario mínimo, os contidos comúns, os estándares de aprendizaxe avaliables e os criterios de avaliación de logro de obxectivos e do grao de adquisición das competencias. Desta maneira, asegúrase un mínimo de horas semanais adicadas ao traballo desta lingua en tódolos centros do Estado e unha serie de requisitos e contidos mínimos necesarios para que os estudantes se desenvolvan nesta lingua de maneira óptima.
Na misma liña, no caso dunha segunda lingua, o Estado xa só sería o encargado de determinar os estándares de aprendizaxe avaliables e os criterios de avaliación do logro de obxectivos e do grado de adquisición de competencias.
Se volvemos aos graos de deseño curricular establecidos para a primeira lingua estranxeira, podemos observar que, a nivel autonómico, compleméntanse contidos, recoméndase metodoloxía didáctica e compleméntanse os criterios de avaliación. En canto ao deseño curricular, mentras que a fixación duns estándares comúns para todo o país son moi importantes, non hai que esquecer que cada comunidade conta cunhas características moi particulares. É unha cuestión a ter moi en conta, or exemplo, á hora de redactar unha programación didáctica para un centro en particular: as características do seu contexto e localización. Polo tanto, a responsabilidade relegada ás autonomías á hora de establecer as características do seu sistema educativo deberían ser máis amplas, para así ter en conta as particularidades e a riqueza sociocultural de tódolos entornos do Estado e facer aos alumnos partícipes delas.
Benvidos de novo! Hoxe quero compartir convosco o aprendido na unidade 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Nela, os obxectivos primordiais consistiron en comprender mellor o funcionamento e as metas da avaliación inicial, formativa e final, así como saber identificar de maneira satisfactoria unha rúbrica e poder poñela en práctica aplicándoa ao noso exercicio previo de mediación lingüística, para que nos servise de exemplo. Comezamos a introdución neste tema cunha breve reflexión sobre o que é a avaliación e a súa relación con procesos como as calificacións, as temáticas, o ritmo, o material de repaso, cambios metodolóxicos ou de materiais...ademais, moitos compañeiros suxeriron que a avaliación pode ser unha ferramenta moi útil para ter unha idea aproximada do nivel que tén un grupo ao principio do curso, para saber se a metodoloxía que se está a aplicar na aula é a máis axeitada, para obter información sobre aqueles aspectos do temario que resultan problem...

Comentarios
Publicar un comentario